Publicacións
Peña Irmandiños
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
Que o fútbol é un deporte de equipo é dos maiores tópicos que poden dicirse do mesmo, pero é certo. Certo para os que están no campo e para os que estamos na bancada, porque a súa dimensión social é ineludible. Todos, non importa se novos ou vellos, se ricos ou pobres, se calmos ou alporizados, preferimos disfrutar do deporte rei en boa compañía. Algúns tamén deciden dar outro paso e intentar aportar algo máis. Así, dunha mistura de paixón, iniciativa, e por qué non dicilo, certa inconsciencia, nacen as peñas. O comezo da nosa é ben coñecido: A eliminatoria de ascenso contra o Granada, a rabia e o orgullo derivados dunha batalla durísima con final cruel que resultou ser o comezo dunha época fabulosa. A idea brotou nesa viaxe, foi asentándose nas semanas seguintes e cristalizou en agosto de 2011. Irmandiños reuniu a unha quinta de celtistas fieis pero espallados, e fixo de amalgama entre eles e moitos máis que decidiron achegarse. Foi un nacemento prometedor, axudado por moitas peñas
PEÑA SEMPRE PAHIÑO
- Obter ligazón
- Correo electrónico
- Outras aplicacións
SEMPRE PAHIÑO A Acta Fundacional da peña é do 07 de Agosto do ano 2012. É dicir, somos unha peña relativamente nova, oito anos recén cumpridos, pero a idea da mesma xa levaba tempo arroutando polos nosos miolos. Foron os malos momentos deportivos durante o tránsito do equipo pola segunda división o que fixo que un grupo de siareiros de diferentes zonas ( Santa Cristina de Lavadores, O Troncal na Travesía de Vigo e o Picoto en Chapela-Redondela ) que coincidiamos na bancada de Marcador decidíramos darlle un pulo á nosa afección polo Celta, artellando esta Peña Celtista o cal visualizaría moito máis o noso amor polo clube e a través do cal poderíamos ter unha participación máis activa nos eidos do celtismo. Non somos un gran grupo, hoxe en día somos ó redor de 60 peñistas. A nosa sede, tras diferentes cambios, está no barrio de Vilar, en Lavadores, no Bar Mosquera, que é a zona a onde pertencemos a maioría dos P