PEÑA SEMPRE PAHIÑO
SEMPRE PAHIÑO
A Acta Fundacional da peña é do 07 de Agosto do ano 2012. É dicir, somos unha peña relativamente nova, oito anos recén cumpridos, pero a idea da mesma xa levaba tempo arroutando polos nosos miolos. Foron os malos momentos deportivos durante o tránsito do equipo pola segunda división o que fixo que un grupo de siareiros de diferentes zonas ( Santa Cristina de Lavadores, O Troncal na Travesía de Vigo e o Picoto en Chapela-Redondela ) que coincidiamos na bancada de Marcador decidíramos darlle un pulo á nosa afección polo Celta, artellando esta Peña Celtista o cal visualizaría moito máis o noso amor polo clube e a través do cal poderíamos ter unha participación máis activa nos eidos do celtismo.
Non
somos un gran grupo, hoxe en día somos ó redor de 60 peñistas. A nosa sede, tras
diferentes cambios, está no barrio de Vilar, en Lavadores, no Bar Mosquera, que
é a zona a onde pertencemos a maioría dos Pahíñ@s, que é coma nos gusta ser
chamados.
Non
é moi normal que unha Peña, relativamente xove, cunha media de edad sobre os 40
anos, teña o nome dun xogador dos anos 40 e 50. O nome de Sempre Pahíño débese
a que Manuel Fernández Pahíño, é unha figura que concorda coa nosa forma de
entender o fútbol e a vida:
Xogador
de CANTEIRA ( San Paio de Navia )
Único
Pichichi vigués en 1ª División xogando no Celta.
Home
contestatario e Iconoclasta. Enfrentouse ó propio clube cando sentiu que non o
trataban como debían. O faría máis tarde ante o propio Santiago Bernabéu, na
súa etapa no Real Madrid. En pleno Franquismo, repúxose ó seu xeito,ó réxime
establecido, o que lle privou, sendo o mellor goleador da época, de xogar o
Mundial de 1950 coa Selección Española.Lector de Tolstoi e Dostoievski en
plena Dictadura.
Acabou xogando no Deportivo da Coruña.
Os Pahíñ@s, identificámonos co apoio a
canteira, darlle valor á xente da casa. Gústanos a identificación de Celta e
Galeguismo, xa que pensamos que éste está enraizado no orixe do clube. Non
somos forofos. Se cremos que o clube non vai na dirección axeitada non teremos
reparos en dicilo públicamente. Non todo é valido ( Por exemplo, non nos gusta
que casas de Apostas Deportivas sexan publicitadas polo Celta). Os cartos non o
son todo. Por outro lado, demostrou que se pode xogar no Celta e no Deportivo
(Non foi o único). Para nós o Depor é o noso máximo rival, pero nunca debe
convertirse no noso enemigo. O futbol o entendemos como diversión, cultura e
deporte. O fútbol nunca debe ser sinónimo de violencia. O fútbol debe unir,
nunca separar.
Daniel Fernández , neto de Pahíño, madrileño,
é o noso socio de honra. Tamén temos relación cun dos seus fillos, Nacho
Goberna, coñecido por pertencer a un dos grupos da Movida dos 80, La Dama se
Esconde. Sempre nos apoiaron na nosa iniciativa de darll-lo nome do seu pai á
nosa Peña.
Outro socio de honra, xa falecido, foi David
Reboredo, ex-toxicómano vigués que provocou un movemento social polo seu
Indulto e o cal apoiamos, levando á súa reivindicación ás bancadas de
Balaídos e máis aló.
Tamén foi socio de honra da Peña, tristemente tamén
falecido, José Manuel Roldán, máis coñecido coma Pepín ou Pucho. Hincha
singular, moi coñecido en Marcador e sobre todo en Barreiro, Recentemente foi o
terceiro aniversario do seu pasamento.
Pero non todo van ser malas noticias. Os Pahíñ@s
sentímonos moi orgullosos da creación da canción Aspas' On Fire e de poder
compartila con toda a familia Celeste:
ORGULLO
DE MOAÑA
NO
CELTA TI ES FELIZ.
GALICIA
CALIDADE
TI
ES XA PARTE DE MIN
E
METE UN GOL
FORZA
IAGO METE UN GOL
QUE
IMOS GAÑAR
AFOUTEZA
E CORAZÓN
ASPAS'
ON FIRE
FAI
TREMER Ó SEU RIVAL
ASPAS'
ON FIRE
O
PARTIDO IMOS GAÑAR.
Contamos con varios músicos na Peña,
Gaiteiros, etc, o cal axuda xa que entendemos o fútbol coma un acto social,
coma unha festa, sexa gañando, perdendo, en primeira ou en segunda división.
Sempre Pahíño. Sempre Celta.
Comentarios
Publicar un comentario