Peña Irmandiños
![Imaxe](https://blogger.googleusercontent.com/img/b/R29vZ2xl/AVvXsEhhOMzF8DbsKff63p_WUXU52-WFRv9BG26XTUDAEKRglC_iHK6s9K3HyUfrh2L12FodoizeychNJAydQm9tpWTJotU0o1sT2T1E3YcCWk3fRx8DBeVZZWcH773flbXP4rKkzoXh1_H5nD6K/s640/LogoIrmandi%25C3%25B1os1923.jpg)
Que o fútbol é un deporte de equipo é dos maiores tópicos que poden dicirse do mesmo, pero é certo. Certo para os que están no campo e para os que estamos na bancada, porque a súa dimensión social é ineludible. Todos, non importa se novos ou vellos, se ricos ou pobres, se calmos ou alporizados, preferimos disfrutar do deporte rei en boa compañía. Algúns tamén deciden dar outro paso e intentar aportar algo máis. Así, dunha mistura de paixón, iniciativa, e por qué non dicilo, certa inconsciencia, nacen as peñas. O comezo da nosa é ben coñecido: A eliminatoria de ascenso contra o Granada, a rabia e o orgullo derivados dunha batalla durísima con final cruel que resultou ser o comezo dunha época fabulosa. A idea brotou nesa viaxe, foi asentándose nas semanas seguintes e cristalizou en agosto de 2011. Irmandiños reuniu a unha quinta de celtistas fieis pero espallados, e fixo de amalgama entre eles e moitos máis que decidiron achegarse. Foi un nacemento prometedor, axudado por moitas peñas